BVG Voltar atrás |
n4deanespeciesprotexidas.html
non espero
non
non teño
non
non fuxo.
non. ou si.
fica aí. para sempre
amaña as apostas
cabalo gañador perdedor
gaña un 100 a 1
remexe o peto e a lingua e os ollos e a vida
e a ti
e a min.
esperei no andén
vai frío en andéns solitarios
cheira marquesinas
cheira estradas molladas
cheira unha curva
detrás de outra.
non perdo
non
non esquezo
non
non quero.
non. ou si
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |