BVG Voltar atrás |
n3luiscalvoeva.html
I
Ábreste
como o fento
ante o paso húmido
dos cervos
ou como os círculos
da auga
cando guindo a lingua
o teu centro
e emocioaste
condensando en ti
a peremne humidade
de tódolos bosques
para dicirme as palabras
que preceden as chuvias.
II
Chove.
Pero temén chove en ti
e o centro de ti mesma se concéntra en chover.
Afundimento lento dos corpos
na converxencia das chuvias.
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |