Freudianos

Martin Nick

vn1nickmartinfreudianos.html

 

"Unha vez,
outra máis.
Tódalas veces do mundo.
Cen gaiteiros nunha botella
de whisky.
Tés que visita-lo oftalmólogo.
Visítalo.
Quedas conmigo durante dez
minutos.
dez
minutos
longos curtos unhos seiscentos
segundos.
Rexeitas un presente
Teño o teu ollo enfermo
no organo vital por excelencia
nese que está
profundamente fodido.
Un ollo unha lente unha imaxe un corpo
un cento de ollos
cincuenta persoas
uns que ven
outros que non
mil espacios dixitais entre a túa sombra e o teu
corpo.
Quero,por qué sempre quero?
que te estimule
a fragancia dos indómitos,
que esquezas os xeonllos
así non terei que
axeonllarme,
como quero,
diante ti.
Mércote en pequenas pezas,
recompóñote só,na
casa. sen luz sen auga
sen sexo sen nada
máis que a túa foto
o teu ollo
a túa lente
o teu medo
a miña ledicia de perdedor.
Nun intre,
no intre máis pequeno do mundo.
Cando non saibas se
os Beatles
si,os Beatles,
cantaban She loves you,
nese pequenísimo intre,
deséxote.
Desexo o teu corpo espido
ferido,
alma en corpo esquecido e
mergullado co teito,
co chan,cos demos
na cabeza na alma no soño.
Cen gaiteiros nunha botella
de whisky."



logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega