BVG Voltar atrás |
n4claudiafundandomeI.html
Tiñas ollos isósceles
mentres
me tomabas entre as tuas maos
e eu,
sentada sobre a miña rocha
a observar-te
virxe en equilibrio (constante).
Habitante da nada,
de corpos blandos e alcólicos
que ximen o inicio do meu ventre,
e que morre entre os meus dedos.
Vivo entre osíxeno e plástico puro,
deshidratada,
latexante.
Fundei-me como serpe-animal
a percorrer con pálpebras
o teu corpo.
E serpenteo
arrincando
con cada paso
a miña pel
a tiras.
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |