teño frío nos brazos, o sol
treme a carón deste anaco de mundo que non me pertence ilusa eu e os
milleiros de eus que petan na cabeza con inxenuidade
imaxino que me perdo, que perdo o norte,
que caduco, que naufrago, que me atopo e sorprendida fago como que non
me recoñezo para seguir xogando desde a nenez que debuxei á miña
vontade
teño un dragón berrando no embigo
e unha tartaruga erguéndome sobre o chan
e se miras directamente no meu ollo
atoparás un demo bailando espido co corazón de plastilina
e se miras directamente no seu ollo
atoparasme a min, ergueita sobre unha tartaruga para non queima-los pes |