Jeckill está só e o sabe

Yago Canedo

n3yagocanedojeckillestasoeosabe.html
Jeckill está só e o sabe. Dentro de todo o que lle pasa pola cabeza hai un constante coñecemento da súa incapacidade para deixar de estar só, por iso Hyde ¿verdade, Jeckill?
Por iso Hyde. Como última posibilidade e táboa de naufrago desesperado. Hyde and seek pola vida, pola posibilidade desa vida allea ó coñecemento real que dan os pasos no chan.

Nun baile de paralíticos o que nunca puido andar é o rei, pero Hyde baixa a Jeckill ó momento seguinte. Pouco antes do afundimento chega unha carta sen nome e sen selo que di que Hyde vai morrer de soidade, por iso Jeckill, unha vez máis.
Por iso Jeckill. Por que o sabe, vivindo co seu constante coñecemento peregrino-no mundo-do real-real. Incapaz, como todos, como Hyde, de deixar de estar só.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega