Lagartijas

Carme Corral

n4carmecorrallagartijas.html


     Nunca quixen ser neno
e fun feliz nas rúas rotas
nos campeiros esquecidos
nas patrias dos xogos
que foron as esquinas
máis nunca me pedín ser neno.
foi o trámite necesario
para chegar a esto
que tampouco pedín ser,
feliz tamén noutros recantos
xogando ós xogos serios
nos que xa non mato
"lagartijas" nos raís da vía
que morrían caladas como viviran.
Non pedín ser cruel nin inocente.
Qué pouco pedín para non ter nada
para non ser nada e seguir feliz
como al caladas "lagartijas" esperando o tren.

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega