A vela escoa o silenzo dos ollos náufragos
que entalan o perpetuo cofín de peñascos,
secándose nas faíscas da néboa
coma nun labrado querpúsculo de anos.
Ao lonxe as praias destelaron ¹,
o faro díxolle adeus con espellos
que mollados debuxaban o derradeiro retrato
do outeiro dunha nazón que conspira miúda,
aboida no atlántico.
A bordo, a chuva esnaquizou a imaxe
dun con sen nome,
e perdeuse a vixía no adentro,
perforando como o pálido peteiro da aigue.
Capitán, bágoa, tormenta, balances, naufraxio.
O mariñeiro perdeulle a direizón ao navío
borrándose do interior son de gaivotas,
de compases a traizón
elevados nas lonxevas badaladas de silenzo.
Arrincou o salgado corazón mártir
pra borda de esquenzo,
perfiláronse nas pupilas os ríos de prata
e as ruallas últimas do porto.
Capitán, bágoa, tormenta, balances, naufraxio.
¹ Referencia textual ao verso "cantou e no lonxe as Illas
arderon" de Xosé Luís Méndez Ferrín en "Escrito na
pedra" (Estirpe) |