Mãe...!

Pilar Suárez

n2pilarsuarezmae.html


Que amor é este que me agarra à noite, aos
braços secos da madressilva, à febre da me-
mória? Por que insistem em que eu respire?
Em que os meus lábios anseiem a humidade
vaga de ums dedos cruéis? Oh, por que te
ouço, sempre, murmurando-me o nome, com a
boca em sangue, sem olhos, com os braços
comidos pelos vermes ?Por que te ouço,
ainda, pedindo-me que regresse de onde nunca
parti? Ouvindo-te, com o vento, com o voo
breve de folhas efémeras, no inverno, sufocados noite? ?

(Nuno Júdice)



Non sinto máis que carne irta porque respiro efluvios quentes que ás veces
arrecenden a corazón e están mollados. Choras cordóns umbilicais cando
te lañas a pel murcha das meixelas que eran bicos tan moles.

— Mãe...!

Cáenme dos ollos bicos inermes.

— Mãe...!

Os tempos veñen como trens de mercancía, e teño fame outra vez.
Aqueles paxaros non volven a te ecoa-lo soño pola cidade de crianzas
espidas, pero eu ergo a noite con berros sofocados. A auga non nos deixa
saír a camiñar, e teño outra vez fame.

Naquela hora distinta alongábaseme a nudez pola pel toda, nas mans
grandes a me reparti-lo corpo; e souben sereas deslizadas ó longo
das pernas, envurullar dentro do peito labaradas horizontais.

Choras unha soberanía de amor irreversible e o rostro adhíreseme ós bicos
que me caen.

— Mãe...?

Escribo enchoupada nunha luz polizonte, Nai.

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega