BVG Voltar atrás |
Mariñeiro
Remata o mar no horizonte,
e pérdese o mariñeiro co barco
máis alá do final aínda.
Barcos de papel vai parindo o fillo,
e soños de caricias debuxa a nai.
Mais non volta o mariñeiro
senón ó pensamento.
E no pensamento mesmo
xúntanse mariñeiro, fillo e nai.
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |