BVG Voltar atrás |
n4franciscoxosedominguezmaisin-tres.html
(I) Traxe de loito,
para a espida costa
que foi dona dos nomes minerais
que aprendeu de cativo.
Cuarzo, feldespato e mica
rabuñando nos xeonllos
cando albiscaba a gamela do pai
agochado entre as penas da beira.
O corazón encolleu
atrapado nun corpiño que non daba a talla .(II)
Rabiscos de tisne
tinguen o lenzo onde pintar as estrelas.
A rompente,
escumadeira mariña
galvanizada no escuro.
Noite de luar clariño.(III)
A maquinaria que adxectiva a treboada.
triste engrenaxe que xera o lóstrego
para aturdir a besta mais complexa.
Xenerosos vieiros os que percorre o odio.
Inmensas autoestradas...
Sinalizacións erradas
maquilladas polo xeo.
Moitos enderezos
destinatarios sen nome.
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |