Miña terra queridiña,
¿onde estás meu corazón?
eu búscote miña vida
con toda desesperación.
Polos rios, polos montes,
pola chaira, polo mar,
eu búscote vida miña
e quérote achar.
A unha meiga preguntei,
onde poderíaste atopar.
?Guíate polo teu corazón
e adentráte no mar?
Varada na praia,
unha barquita atopei,
era branca, de madeira
a barquiña dun rei.
Boteime ó mar
sen rumbo nin sentido,
non sabía onde ir,
estaba atarecido.
Sete días pasaron,
non te atopei meu amor,
o mar fíxome presa
sen ningunha compasión.
Seguireite buscando
mentres me quede corazón,
a morriña é moi grande
acharte a miña razón.
Un par de gaivotas
devolvéronme a ilusión,
a terra estaba preto,
terra da miña paixón.
Entre prantos e bagoas,
calmei a miña dor,
miña Galicia queridita
atopeite meu amor. |