Noite de Fuel

Xabier Castro Martínez

Pagina nueva 1

 

 
    * Ler de abaixo arriba preferentemente.

Cagho na raza humán!
Va que xa se afundíu outro barco?
Esto non pode ser san
Esto non pode ser auga
Pero aquí non me podo bañar!
Quero voltar para a praia
Xa non o resisto máis
Non atopo sustento
Case non podo andar
Hoxe estou cego na auga
O mar está quente de máis
Hoxe non sei que me pasa
Sempre de costas ao mar
Polo fondo camiño de costas
Eu prefiro pasear.
Cabaliños galopando
A ver estrelas de mar
Alá vou para o meu mar
Recúo altivo na praia
Nada fácil de cazar
Non che son doado, non son
Carrabouxado animal
Son un crustáceo ledo
De verme no areal
Coida-te rapaciñ@
Pódoche esnaquizar
Si quero coas tenaces
Eu sempre vou cara atrás
Coas miñas dez patas
Camiño de costas ao mar
Pois son un caranguexo

 

(aos dagnificados pola catastrofe do afundimento do Prestige)

Noite de Fuel

 

 

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega