BVG Voltar atrás |
Os sete cabaleiros templarios atravesaron as leiras montados en cadanseu cabalo
Os sete cabaleiros templarios
atravesaron as leiras
montados en cadanseu cabalo....
de madeira.
No traxecto sufriron o acoso
dos rufiáns, esbirros do «duce»
e dunha manada de osos.....
de peluche.
Cruzaron a Canda e o Padornelo
e por fin chegaron á aldea,
onde toparon o Grande Castelo....
de area.
Despois de feridos no rostro
por espadas e baionetas
conseguiron matar ao monstro.....
das galletas.
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |