BVG Voltar atrás |
n3manolinhodacorredoiraollodomar
Onde a escuma bica a terra
e esculpe estatuas pagás
que ollan cara o horizonte,
onde as facianas de pedra
ven voltar aos escravos
de lle rouba-la vida á auga,
onde a area
se deita coas ondas,
unha creba no espacio
e no tempo,
un ir e vir de imaxes
que baten nas rochas.
Aquel lugar,
clítore da terra,
é o Ollo do mar.
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |