O noso cuarto

Sarela

n4sarelaonosocuarto.html
Agora que recollo esta maleta,
catro anos despois de pousala aquí,
síntoa moito máis pesada
que o feble recordo lene
que teño daquel día.

Talvez foi o intercambio,
invisíbel, das nosas roupas,
ao tornárense indistinguíbel
o propio e o alleo,
o meu e o compartíbel.

Por fóra apenas ten mudado,
algo máis roída polo tempo,
polo azar que aquí a pousou,
e co esforzo que supón
levar a vida nun brazo, saín.

Hoxe que recollo o meu corpo,
abandono o noso cuarto.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega