O pallaso está na guerra civil

BARathrum

n2barathrumopallasoestanaguerracivil.html

Ovos podridos en cárcere de ferrume,
pastillas de incienso efervescente nas Burgas,
vapores que enfeitan de tonos grisáceos
as pedras molladas que queiman as rúas.

Doces palmeiras confunden as sombras,
mulleres de ferro con sangue nas luvas,
agoiros sucando o ceo nas horas
marcadas co tempo infame da música.

Manieristas mapoulas por riba do espello
que xace escachado no pútrido catre,
ensanguentadas penas do guerreiro vello,
mouras carnicerías no nome do Padre.

Estruendo de lava latente percorre
as veas xeladas da metrópole negra
dictando os designios dun pobo que morre
coma orgasmo doroso da fráxil parella.

"Eu son o artista enardecido
que debuxa sorrisos nas crueis batallas,
que percorre cos pinceis as azuídas praias
pintando a area de sangue ao vencido.

Eu son o pallaso dun circo devastado
que desprega a súa carpa no medio do lume,
que pensa que o rifle asasino é estrume
ardendo coa tráxica sorte do dado.

Eu son trapecista do óxido celeste
que exaculan as estrelas esquecidas,
que sosteñen o telón das dúbidas floridas
evitando a caída sobre a gran paisaxe agreste.

Eu son equilibrista nos mapas do sarxento
que descobren o encontro das balas no meu peito,
que non cobre a ruína do escuadrón maltreito,
ensinando as pegadas dos tanques no vento.

Eu son o faquir dos puñais radiofónicos
que cruzan asustados as liñas das cohortes,
que transportan os humores e os líquidos ao norte
supurando a morriña do canto agónico.

Eu son domador dos leóns máis presumidos,
que aprenderon na súa cela as destrezas neomarciais,
que bañaron as súas peles en líquidos termais
mergullando en tanto odio o valor perdido."


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega