BVG Voltar atrás |
n3franciscoxoseosiniciados.html
Parabéns.
Acende a grande dínamo
que vai comezar a electrólise
nesa cabeza chea
de auga mineral de marca.
Vai descravando ese cristo esvaecido
que levas preso na fronte,
abre os ollos, que vaiche quentar
o caloriño morno da raxeira.
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |