Paseo

Martin Nick

vn2martinnickpaseo.html
"Esquecín de pagalo café con leite. 
últimamente esquezo demasiadas cousas. 
onte estiven nun bar, totalmente sobrio, e xa non recordo o seu nome. 
é deses bares que che gustan tanto a ti, cheos de cadros escoceses, e fotos de castelos, camisetas do celtic (ahí está o catolicismo), mapas nos que sempre sae Loch Ness. 
diso acórdome. 
volto a pagalo café con leite. 
págoo. 
volto á rúa. 
esquezo o móbil no bar. 
volto polo móbil. 
esquezo o que escribin antes. 
hoxe vai frío. é xullo, xa o sei, pero vai frío. 
esquezo de mirar ó cruzar a rúa. 
polo que sin moita historia, un coche, do cal esquezo por completo a marca, me atropella. 
esquezo de vivir. paso unhas horiñas en coma e morro. 
agora estou morto, e non tiña nin idea de que se puidese escribir dende este lado. 
esquecín o carnet de identidade na casa. tiven un problema na porta do ceo, por mor de que non estaban seguros de que fose eu. 
parecía a entrada dunha discoteca. que si tiña idade, que enseñase o carnet, joder, bastante abraido estaba alí, como para poder entrar con elegancia. 
estou no ceo. debe selo, porque hai un letreiro enorme que pon CEO. ademáis dentro hai moitos debuxos dun tal miguel ángel, e sae ese tipo que coñecen como Deus en moitos. éche como un pub, xa dixen, con porteiro borde, e servicios de señoras e caballeros. 
esquezo de preguntarlle ó porteiro se el é san pedro. 
está forte o condenado, así que terá que haber ximnasios por aquí cerca. 
parque temático de divinidades. 
entrei moi pouco elegantemenmte, pero pronto puiden pedir unha consumición. 
eh!, dan cerveza no ceo. 
heineken, de caña. e tamén hai botellines, heineken, carlsberg, guinnes de caña, e incluso sidra. carallo. 
esquezo que vou só e busco compañía. 
neste mundo paradisíaco teño que decir que hai unhas tías impresionantes. 
non sei porque, pero esto de intentar ligar no ceo, non debe ser políticamente correcto, pero, tendo en conta, que se o intento é porque cando ía a cruzala rúa é que tiña unha cita, en xusta recompensa, serei entregado a algunha daquelas preciosidades. 
sei que houbo polémica sempre co sexo dos anxos. 
se elas son anxos, se non teñen moi claro que sexo é o predominante, estarei ante fermosos animais transexuais? 
teño que chegar ó ceo para ter confusión sexual? 
esquezo por un intre que estou no ceo, e falo con algo de aquelo. 
a voz, é inconfundublemente feminina. a faciana tamén, así que... non creo que sexa un tipo. 
antes de que poda seguir falando, chega un tipo grande cunha flecha tatuada no cuello, cólleme do brazo, e convídame, eso si elegantemente a sair do local. 
paso por xunto do tipo que debe ser san pedro, e pregúntolle que pasa. 
non me responde. 
a tomar polo cú. 
estou na rúa, sobrio, e frío, frente a aquel local no que pon encima CEO. 
esquezo que estou morto e cruzo a rúa, como tamén esquezo mirar, chega un coche gris metalizado que me estampa contra unha farola. 
agora hai un tipo roxo, e cos ollos verdes que me dice que a entrada é libre. 
o inferno. 
non sei se estou preparado, pero entro. 
sexualmente falando o nivel do ceo é bastante superior, claro que aquí será máis fácil. 
non o sei. 
esquezo que estou no inferno e falo contigo. 
estás bastante guapa para levar dous anos morta, alí aposentada na barra, coa camiseta das rapazas malas van ó inferno. 
tento bicarte e bícote. 
esquezo por completo que me está a mirar o tipo da porta e pregúntoche se segues a ter o mesmo nome. 
non respostas nada. 
cóllesme da man e sácasme dalí. 
non, á rúa outra vez non, por favor."


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega