BVG Voltar atrás |
n4carmecorralpequenoamor.html
Tiven, xa non me acordo cando, un amor tan pequeno que o podía meter no peto e levalo canda min a todas partes e así o facía. Un mal día, ciumento doutros cariños, deulle por medrar e non puidemos facer outra cousa que deixalo. E hoxe aínda é o día que, en moitos momentos, boto a man ó peto, melancólico.
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |