Pel de irmán

Paco Martínez Rocha

n2pacomartinezrochapeldeirman.html

Pel de irmán
Unha vez,
Un poeta achegóuse a min,
Con bágoas,
Cos lentes suxos de soños,
Enchidos de esperanza
De ver danzala súa pruma
Enrriba dos escenarios brancos.
Que xa te sinto,
E porque o sabes,
Rematémola guerra,
Como a absurda diferencia,
Que non tiña que existir.
Unha vez,
Sen ás,
Pero con tino,
Puidemos voar,
Preto das ondas,
O teu cantar,
O teu sentir,
Como o meu
Na pel dun novo irmán.
Aínda non te esquecín,
Perdúrasme nos sentimentos,
Nos pensamentos e no meu sentir aprendiz
Que non soporta máis
Estas clases que me estás a dar.
Izada a miña branca bandeira,
é absurdo seguir con ista guerra de prumas.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega