...O
cheiro do meu amigo era inconfundible: unha mistura casi perfecta a
tabaco, soedade, morfina, gabán vello, chuvia. Estabamos a camiñar
polo medio dunha das noites máis escuras do ano 1896. Aquel ano fora
especialmente escuro, e o mes de novembro deixara Londres baixo unha
néboa cáseque opaca que envolvera as almas nun estado mortecino e
desanxelado.
Camiñábamos a bon paso, os zapatos na auga
repetían o son dos nosos corazóns inquedos. Dirixiamonos cara un dos
máis grandes misterios na vida do meu benquerido Sherlock Holmes.
Imos, Watson.
Imos, Holmes.
Xa facía media hora que saíramos de Baker Street nunha dirección para
min descoñecida. Excuso decir que non era a primeira, nen sería a
última vez, que a meta era descoñecida para min. Ben coñecido é de
todos que a Holmes gustaballe dar un aire dramático á resolución dos
casos, para logo sorprendernos cunha fila de deduccións que nen por
asomo pasara polas nosas cabezas.Tamén é verdade que eu, o doutor
Watson, mellorara bastante a percepción e máis dunha vez fixen que non
sabía nada e xa coñecía os movementos do meu espigado amigo. Pero
aquel novembro, non tiña nin máis mínima sospeita de que estaba a
coñecer o segredo máis grande de Sherlock Holmes...
.......
Cando chegamos a aquela pequena igrexa de
Whitechapel, sorprendeume que
as luces estiveran acesas, tamén me sorprendeu a reverencia do meu ata o
momento descreído amigo. Non puiden ver a ninguén. Achegamonos ó altar.
Tome, Watson.
Deume un pequeno paquete que semellaba un xoeieiro.
Holmes, de que se trata agora?
Amor, Watson.
Poido xurar que o meu corazón deu un tremendo brinco de
medo. Non sería
verdade todos aqueles rumores que corrían por Londres de que meu amigo
era un invertido? non entraría nun estado de alucinación despois de
tanta cocaína e morfina? era eu...? Meu Deus, Holmes estaba a tolear.
Mais cando me dispuña a contestarlle non con boas
palabras, ouvin uns
pasos na porta da Igrexa. Mirei coa man no revolver que soia gardar baixo
o abrigo e quedei máis que nunca abraiado cando vin a Mycroft Holmes do
brazo dunha muller vestida completamente de branco cun fermoso velo
tapándolle a cara.
Os meus ollos correron rápido cara os de Holmes e vinos brillar como
nunca os vira. Empecei a decatarme de que John Watson, doutor en
Mediciña, ía ser padriño de bodas de Sherlock Holmes, detective
consultor....
......
Pasamos sete anos vivindo en casa separadas, eu coa miña querida
Margaret, e el coa súa benquerida Irene Adler....
....Deulle tres fillos, Mycroft, John e Mary.
Morreu no parto desta última. Holmes veu a vivir cos cativos e con nós a Somerset onde eu
gañara a praza de médico. Nunca volveu a ser o mesmo....
...Hoxe fai vintetrés anos a pequena Mary. Seu pai xa non está
aquí, e
Margaret e máis eu estamos felices de ser os seus acompañantes o día
do seu ingreso na policía londinense. É a primeira muller inspectora do
Reino Unido....
...Mycroft ocupa o posto do seu defunto tío no Ministerio da Guerra.
...John ocupa as habitacións de Baker Street.
Escribe tratados sobre a
cinza de tabaco e é consumidor habitual de cocaína. Tamén é o retrato
de seu pai. Algún día falarán del como o auténtico Sherlock Holmes.
Cousas que ten o devenir histórico da máis grande lenda, e
cousas que un vello quere recordar para que nunca se esqueza a memoria
do máis grande home que coñecín en toda a miña vida, Sherlock
Holmes, detective consultor.
|