Porque

Rosa Lois

n3rosaloisporque.html
Silvio canta, e eu..
asomareime a ventá
e entenderei porque
a nebe xa non cae.
Porque o ceo
colgou o cartel de completo.
Porque xa non hai
un lugar para nós.
... e temos que invertalo.
Porque debemos reciclar,
ata as palabras que aprendemos.
Porque non podemos voltar,
porque nos roubaron a inocencia.
Porque nos convertimos en adultos.
En adulterio.
E, coma o "Principiño",
deixámonos domesticar.
A onde iremos agora
que o ceo está completo?


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega