Querido Diario?

Jessica M

n4jessicamqueridodiario.html
 
23-01-03


Querido diario:

     Non sabes o mal que o estamos a pasar aquí. O Prestige arrebatounos a vida.
     Praias cheas de petróleo, marisco infestado de fuel-oil, iso é unha inxustiza.
     Estou mal, moi mal. Ti sabes que para min, o mar é moi importante, algunhas veces incluso imprescindible. Ese azul que che dá unha calma indescritible, esas ondas que tanto inspiran, o tacto da area mollada. Todo o mar é grandioso, infinito, fermoso.
Cando me achegaba a el, esas tardes de verán ao solpor, sentía unha grande impotencia, pero o mesmo tempo sentíame segura, protexida e agora vexo que algo podía co mar, con aquel ó que eu tanto respecto lle tiña e o cal eu consideraba indestructible.
     Síntome culpable, eu, por ser humana, por ser desta especie que case todo o fai mal e pouco o fai ó dereito.
     ¿Por qué a xente é tan egoísta? ¿Por qué? Pasan de todo? Ou mellor, ¿por qué tiran a pedra e esconden a man?
     Preguntas, son só preguntas. Cuestións que unha rapaza de 13 anos lle fai aos seus pais e eles calan, non contestan, simplemente cambian de tema.
     ¿De quen é a culpa?
     Din que é do capitán do barco, din que é do goberno,e eu digo, ¿que máis dá?, o Prestige xa está afundido, as praias xa teñen chapapote, ¿de que sirve agora buscar un culpable?

     Onte fixemos unha cadea humana ó longo da Costa da Morte, e si, pasámolo ben, protestamos, berramos... ¿e qué? ¿as praias xa están limpas? ¿o Prestige xa non solta fuel?
     De nada vale berrar e reivindicarse cando o dano o mar xa está feito.
     ¿E o goberno que? ¿pensa que con darlle cartos ós mariñeiros xa está, problema solucionado?
     Eu pido, só pido, que antes de facer algo o pense ben, que se miren os pros e os contras e se sae mal, que teñan o valor de admiti-lo, como tiveron o valor de face-lo.
     ¿Cando comezaremos a pensar coa cabeza?
     En fin, agora xa está todo feito, non hai volta atrás. Algún día daranse conta de que coa prepotencia non se vai a ningures, pero mentres non chega ese día, eu seguirei aquí, escribindo no meu tempo de ocio, e expresando as miñas ideas nestas páxinas sen ningún temor.

     Ata outra diario

Jessica


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega