BVG Voltar atrás |
n4claudiacastroreconstruccion.html
É bonito, difícil e triste
reconstruírse.É bonito reconstruírse
véndose guapa co cabelo limpo
cheo de dedos desleando os teus rizos.É difícil reconstruírse
resacosa de saloucos
e mil cachos de cristal por pegar.É triste reconstruírse
compoñendo sete vidas mortas en batalla,
encaixando pezas de pateira naufragada.É confuso e complicado
reciclarse.Reciclarse tras amar e saber
que a túa vida non chegará a netos.
Reciclarse tras acabar de patrullar
lonxanas anatomías.É fermoso
renacer.Fermoso mergullarse na lama
para xurdir con unllas e dentesde RESISTENCIA.
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |