Sabas brancas

Gerónimo Machado

n3geronimomachadosabasbrancas.html

sabas brancas
tendidas ó sol
... brancas inocentes
brancas maculadas
... hainas tamen
en verano é mellor
a túa miseria expón
... a túa felicidade
que en cada patio
tendidas ó sol... se ve
e o dia
ao que odias
... sen razón certa
sen saber porque
só, só... odiaste
e non, non o sabes

sabas brancas
e de cores
hainas tamen
e que importa
amanece outra vez
e en cada casa
a vella pregaria... silente
escapulese... dende os ollos
... dende os teus ollos murchos
mientras remexes a cunca de café

arrastraste con dificultade
polos pasillos da vida
dende a cama...
deica a cociña
cuspindo a cada metro
... a distancia
só potencia o teu noxo
... anoxado
buscas a felicidade
... a túa felicidade
que as sabas brancas
tendidas
expón ó sol.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega