Lunes, 07 de abril de
2003 |
Saturamos fronteiras nas marcas da pel e, inevitábelmente
sobrepasamos as liñas dos lenzos.
Deligras nos medos para coecermos o corpo dado ao corpo
(e un curruncho de nos a excitar dentro do leito)
saciar-mo-nos de indecencias
e arreconchegar-mo-nos nas diferenzas das imaxes
que foxen de toda incoerencia.
No erotismo do soño non comes bananas
mas tamén non mostras ese demorar en meus cabelos
nen o rubir desas tuas maos por miñas coxas.
Tenrura innata
e o silenzo rompe ante o xemido de non querermos ser
"tu e eu"
un nós acompasado
nasce na noite e no
recén criado
segredo.
|