Sen título

Paco Martínez Rocha

n3pacomtnzrochasentitulo.html

Porque estou a perdela vista,
a miña lonxitude no tintel do poeta,
porque a miña imaxinación
xa non divaga,
deixo de navegar entre versos.

Se só fose un coitelo
o que me cravase nas costas,
diría palabras, verbas, de amor ferido,
e qué sei eu da miña vida,
pois sempre foi túa.

Escoitas?
Xa sabes onde chove,
e quen chora.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega