Sen título

Francisco Xosé Domínguez

n4franciscoxosedominguezsentitulo.html

Nos trazos vermellos do solpor
adiviñase unha vendima nova.
Do tendido eléctrico
precipítanse as grallas,
arrincando da sementeira murcha
un verme co que regalarse .

Os labregos abandonan a tarefa,
ao lonxe unha campá chama á oración,
mais o viño agarda na taberna
e torce a decisión dos seus p
asos.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega