Sen título

Uxío Ponte

n4uxiopontesentitulo.html

mantén vivo o tempo que non che pesa nas olladas
idolatra corpos desfeitos
restrégame o teu sufrimento polos beizos
bica o sangue
tan quente tan cedo
fuxe se podes secuestrando avións
grabando imaxes
debaixo do teito fodido
ninguén te quere
ninguén se acordou de ti
nin onte nin hoxe nin mañá
morríche e fuxíche
ninguén quere verte
poeta que non comulgas co sistema
poeta maldito que estás contra o dictador
eles non queren verte
porque hai fame
porque hai hoteles Meliá
porque os vellos van de putas
coa excusa de ir ó Caribe
coa excusa da fame
hipócritas uns e outros
bandeira roxas ríome eu das bandeiras roxas
verdade Raúl?
vinte anos non son nada
para ti
disidente maldito disidente ideas prohibidas subversivas
dentro da subversión
dictadura de estilo de propaganda de marketing
quén matou ó libertador? quén cobra pola súa imaxe?
o gran capitalista, o mellor empresario:
burdel americano
non te chames así
burdel do mundo
rí con eles
tamén son de Deus


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega