Sen título

Rosa Lois

n4rosaloissentitulo.html

E dentro da escuridade,
atopei o verso,
que foi a luz.
As horas son o pálpito
dos corazóns das xentes
que non teñen luz
nin verso
E as cores son volvoretas
que voan baixo,
ó norte do sol
a carón das xentes
que atopan a luz,
no verso.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega