Sen título

Martin Nick

n2martinkincksentitulo.html


Baixas polas escaleiras pensando que eres o home máis afortunado do mundo.
Quedas espida na cama pensando que eres unha das mulleres máis insatisfeitas do mundo.
Saes á rúa, e o sol pétache directamente na cara. Toma. Gústache, alguén ten que iluminar a túa ledicia.
Levántaste da cama para baixa-la persiana. Non queres velo sol.
Tatareas unha canción que soaba antes de bicala por primeira vez. É unha canción estúpida, pero nese momento encántache.
Lavas os dentes e miraste no espello, tés a maquillaxe corrida, estás feita un Cristo.
Camiñas cara o Vip´s. Sabes que cheiras a sexo reciente e queres que cho noten.
Das unha volta na cama e chéiralo. Non.
Entras e sorríes. A rapaza da caixa sorriche. Non olvides que esa é a súa obrigación.
Tentas durmir, mais pregúntaste por qué pasou.
Compras o País, e desexas levarllo á cama.
Apetéche desaiunar, pero tamén tés pereza, e cansancio.
Cando pagas pensas que a caixeira está a cheirar o teu erotismo e sorríslle.
Encéndela radio. Os domingos pola mañá son as mañás deprimentes da radio.
Saes da tenda e buscas un cigarro. Atópalo. É o paquete dela.
Levantaste da cama, sabes que agora non poderás durmir.
Camiñas cara a casa. Ahora silbas unha canción que estás a inventar. Eso si, de fondo retúmbache o we are the champions.
Vas cara a cociña, abrela nevera, e sacas un inmenso yogur do Día.
Ves o teu edificio e non che apetece entrar, queres máis.
Sentaste enfrente da televisión co yogur. É de fresas.
Cres ter a idea mellor do mundo e corres cara unha pastelería.
Empezas a durmirte vendo debuxos xaponeses, e pensas como foi aquel sexo.
Compras catro bolos de leite e pensas como fora.
Pensas que empezou no portal, que casi non te acariciou, que eso si, tiñas ganas, levabas catro meses sen nada, e, metíchedevos na habitación.
Recordas como te colleu no portal, o cariñosa que estaba, que te invitou a subir, que a acariciabas, e de repente estabas entre as súas sábanas.
Preguntáchelle si tiña presevativos, díxoche que sí.
Díxoche que quería que non usaras nada, que tomaba a píldora.
Non quería poñelo, pero ó final si. Laméntaste de todo, brincou como un canguro dous minutos, correuse, mirou se rompera o condón e preguntouche se che pasara. E dixeras que sí.
Víala poñéndose tola contigo, berrando e foran dez minutos incríbles. Aínda lle aguantaras uns dous orgasmos.
Sigues a durmirte e tes unha bágoa na meixela.
Corres cara a casa dela. Cáeche o País no chan.
Encendes co mando a distancia a cadena. Prefires durmirte con música.
Non che caen os bolos de leite e estás no portal.
Soan Starsailor, como soen facelo, tristes, melancólicos, levándoche as bágoas á camiseta.
Tócalo timbre.
Oes o timbre.
Voltas a tocalo.
Aumentalo volume.
Preguntaste que pasa.
Soa Love is here.
Durmiríase?
Dúrmeste lentamente entre lamentos en inglés, e un timbre que non deixa de soar.
Vaste. Encendes outro pitillo. Tampouco fora para tanto.
Soñas con unha cea nun praia onde hai un comando suicida checheno.
Pensas que ó mellor finxira.
Durmes.
Vaste.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega