Sen título

Fraga Garea

n3fragagareasentitulo.html
Estarricado 
doente da túa ausencia.
  Confuso en min mesmo
que non sei que 'e amor.

Eslava lingua no padal
no falar xermano.

Na miña ansia de me atopar
ti lonxe e sen luz aquí

/arroutos presos no caleiro 
son os meus sentementos/

Foliada de sangue
ou laios desmesurados.
Little toy
madre que te pareu.
Nina Simone
nesta soidade.
  Buscalo teu pescozo na mañá
  Roerme na calma.
Enganarme.

Xa apañei os ollos:
  cabelos,
naris con naris
  boca
pescozo e nuca
  ombreiro
brazo e sempre a man
  pepek
os peitos tamén
  a lingua
            (que non eslava
               senón miña)
                                    saborea.
...
Estarricada,
onte, 
hoxe eu.
E falo de milosc.
Quen me dera.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega