Sen título

Vicente de Quengo

El

El, sorprendido ou desconfiado, preguntáralle por que o escollera a el. Ela non dubidou ó contestar, coma se tódo-los días se atopara frases así.
- ¿quen escolle a súa fame?
Foi a primeira vez que se deitaron xuntos. Despertáronse cos pulmóns frescos. Chegaron máis días, anos, pero un mencer pasou o tempo. Ela comentou, cun alento viscoso como a mirada dos luns:¡Xa non queda nada por devorar!. Marchou.
El contaba polas tabernas, á xente que xogaba ó tute, que ela o volvera desconfiado. Que a vida era aprender a desconfiar. Poñía voz de profeta.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega