|
|
n3chomskysentitulo2.html
BAIXEN o pano
apaguen o meu rostro e esquézanme
rodo feliz descendo rápido
entre os campos de sangue
resoa aínda a túa voz
de cristal firinte
e aséptica
o teu rostro que roda tamén
baixo das árbores caducas xa
tra-lo tercer verán
as flores podridas aínda nos vasos
pasou o tempo da colleita
a noite non existe
o mar tampouco
o sol taladra impasible
as nubes e as bágoas
queda o meu sal
queda a túa ausencia
apáguenme
esquézanme.
|
|
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |