BVG Voltar atrás |
n3chomskysentitulo5.html
CAE a tarde derradeira pouco a pouco
os silencios da rúa amparan
os corpos pequenos que tratan
veloces de evitar o frío
Novembro cruel non perdoa
son as sete e neva
a neve é gris na praza
e ás veces rubia
o silencio rómpese alguén
chora non un choro común
alleo ao mundo
son
os séculos a historia lamentan
a fin da maxia.
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |