Sen título III

J. Francisco Varela Rial

Enchín de escaleiras teitos e chans para chegar a ti sobre chanzos que se rompían imaxinarios
Aquí eu fago do teu silencio
atrapado entre os teus brazos
e estas sabas de fracas promesas.

Déixame que caian aínda máis horas,
máis antifaces dun tempo
que non perdoará
ser esquecido.

Aquí eu fago do teu silencio,
do único eco que o teu ollar me deixa,
pouco a pouco,
entre a paixón e o medo.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega