Pasaron os segundos,
voaron os minutos,
fuxiron as horas,
transcorreron os días,
esfumáronse as semanas,
evaporáronse os meses
e desvanecéronse os anos...
Agora xa es unha muller
que deixou atrás melancolías,
ilusións mesturadas con esperanzas,
sentimentos plasmados en poesías,
instantes de profundas tristezas
e momentos de grandes alegrías.
Nembargantes, parece que foi onte
cando sentías pánico puro
ó pensar no Home do Saco,
mentres oías no teu cuarto oscuro
o monótono "tic, tac" do reloxo,
que son os latexos do futuro.
|