Toc-toc

Taiga

n3taigatoctoc.html
De pronto digo:
Divinamente!!

E logo penso:
que dixen?

O meu interior grita,
grita continuamente
Non fai máis que pegar
berros calados que
tan só os meus adentros
perciben.
@@@@@@@@@@@!!
Todo me fai rabear;
o presente...
...e o pasado
No presente está o que son,
No pasado o que quería ser,
No futuro só vexo unha
porta que di:
“PROHIBIDO O PASO”
E o prohibido atrae pero,
detrás da porta,
está a Escaleira dos meus Medos.

O Presente non quere
soltarlle a man ao pasado
e canto máis pasa o tempo,
máis me doe o brazo
de tanto tirar
para non o deixar aló.

Que alguén me traia
unhas Flores novas
para plantar no xardín
do meu Tormento,
que leva tempo e tempo
cheirando a podre
de tanto remexer nas vellas raíces
que tanto me enguedellaron.


Unha de AXÓUXERE


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega