Todo e nada

Emma Lago

n4emmalagotodo.html
Ámote tanto, vida, morte, todo e nada,
ámote dende o máis profundo das entrañas
porque o meu corazón xa non me obedece
e só mirándote ós ollos a miña alma se recoñece.

Quérote tanto, tanto, luz e oscuridade
que non concibo a miña realidade
se non me iluminas co teu ollar
porque son os teus ollos os faros do meu mar.

Desexote tanto, alma, corpo, frío e calor
que se non estás preto de min, meu amor,
morro de frío e tristura, xa non hai razón
e a loucura se apodera do meu corazón.

A túa tenrura arroupa as miñas noites solitarias,
cando a miña faciana se empapa de frías bágoas,
pecho os ollos, penso en ti, sinto que estás aqui
e o sol quenta as miñas sabas frías, e son feliz.

Non existen palabras en ningún idioma
que expresen o que sinto por ti agora,
só podo decirche que eres vida e morte,
xa que só vivo por ti, xa que eres ti o meu norte.

Por todo isto, meu amor, só podo decir unha cousa,
se non estás o meu carón, o todo en nada se troca,
o meu corazón magullado xa non sinte dor,
se ti me amas cariño, non teño máis temor.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega