BVG Voltar atrás |
n3luiscalvouxionovoneyra.html
Con ollos doutro tempo
contempla o asento
do outono no bosque.
Non hai muros
fronte o seu pensamento.
Rodéalle a aura
da primeira estrela.
A súas mans acariñan
o silencio da braña.
Escoita a respiración
das árbores.
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |