BVG Voltar atrás |
Vagamundo
Leva a cabeza baixada
Mais ¡que arriba ten a alma!
Só desprende beleza
a súa triste mirada.
Descoñece a riqueza
que por dentro se lle esconde.
E por fora, un saco de nada.
Rachado o pantalón.
Negras as uñas.
E negro o corazón.
Aínda hai quen pensa
que pode ser pobre.
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |