Verbas

Toni García Arias

n3tonigarciaverbas.html
Debuxan no aire unha linguaxe que descoñezo;
gaivotas de plumaxe gris e branco
sobrevoan os nosos corpos sen decatarse de nós.
Espallan polo ceo figuras estranas,
verbas nacidas nunha latitude lonxana,
lembranza azul que percorre a marea
na procura duna praia.
Cando cae a tarde, as gaivotas levantan o vó
e marchan.
En ocasións parecen voltar, pero se alonxan.
Lévanse nas ás os nosos ollos
e nos deixan os beizos cheos de verbas
que intentamos pronunciar
e non sabemos.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega