Polo ceo vai
unha pomba
polo ceo azul voa
unha pombiña moi soia
voa lene...sobor da cidade
buscando un amor, quizais
mais...eu sei que non
...sei que non;
o meu corazon mo di
...me di que non
ela voa soia
non atura a sua soidade
e coma min
trata de esquecer un amor
polo ceo vai...
unha pomba,
polo ceo azul voa
..tristeira
como eu...na soidade,
triste;
trato de esquecerme de ti.
...........................................
nesta cidade
... o azul do ceo,
un ceo azul,
estraño...
estaño e tamén baleiro;
baleiro...
porque quizais non ten...
nin pombas, nin gaivotas...
as gaivotas...
que me fan lembra-la praia,
...historias da praia
a praia...
preto de onde nacín,
e as pombas;
os guisos que noutros tempos,
tempos idos xa...
facía a miña nai.
...............................................
Chove... e chove
o ceo
sabe das miñas penas
el coñece...da miña dor
e aflixese dos meus choros
...auga que fala de mín
bagoas ...que falan de ti
e pingan, coma dos meus ollos
que de xeonllos
lle pedín
ó ceo comprensión
e el...puxose a chorar
amor,amor
el puxose a chorar
de ti e de mín
amor...amor
ó ceo
lle contei de ti
amor
e se puxo a chorar
de tristura
de ti...e de min
........................................
Adoito gardar
nun caixon
pequeno
...pequeniño
os meus recordos
de ti...
de ti amor
todo o que me di
que fun feliz
contigo
solo levalos
xunto a min
aquí...no meu corazón
que é teu
só teu amor
e irei así
sempre así
pensando no amor
que che dei,
...no amor que me deiches
amor, sò levarche
xunto a min
aquì... no meu corazón.
....................................
Vinte pasar... meiga
e ti...non a min
tan enxebre
tan xeitosa
doce sorriso
arrecendo de muller
abraiado , fiquei
embruxado, teu quixen ser
ías pola rúa
e era a rúa... e ti
nun inverno, e maila raxeira
e mais ti
tan axiña,
tan garrida
sentin desexo
...padecin amor
vinte pasar
meiga
e ti ...non a min.
......................................
a onde miran os seus ollos
onde van as súas almas...
seica, iran ó ceo
da terra...a terra do olvido
tan chea delas
por desertas de nomes
de homes sen ideas
eu lémbroas sempre
para non esquecelas logo
e mesmo sorrir...ó facelo
...a onde van esas almas
no tempo do seu olvido
nesta terra ...a terra das desesperacións
e das escuras crenzas
longas ringleiras
tras nocións abstractas
en nacións sen poder
...do ser
estraños corazóns
sen afagos...cansos
onde vexas ti
...onde vexades vós
non hai nomes...
e non hai corazóns.
|