Todo é gris ou azul, non o sei,
non distingo a cor e toda a súa magnitude é incolora,
todo o seu sabor non o sinto,
son un inapetente ante tanta demanda.
Todo o mundo mírame ¿ qué fago?
hacia onde miro eu,
invaden o meu espacio
e a min que me queda...Nada.
Son eu ou son ela, é o meu idilio
trabúcome e non aprendo,
volvo a trabucarme
e sigo sendo eu.
Ela mírame, ¿por qué?, non o sei.
Ela é a miña muller, sei que é a miña muller,
creo nela cada vez máis.
Non hai amor entre nós,
tampouco hai conversas, só sexo
pero puro, pois non hai placer,
e o pouco que existe, é contido.
Desperto polas noites,
todo está oscuro, busco a luz e non existe,
cando a encontro todo é igual,
todo da igual,
dúrmome e sona o despertador,
sonido estridente, ensordecedor
pero mantenme desperto.
Non encontro o amor
tantas veces buscado,
acostumbreime
a non amar.
Tomei conciencia
no máis profundo do meu ser
da miña incapacidade de amar
por eso finxo un amor ante min mesmo.
Gran vacío, pero á vez
cómodo, agradable, pasable.
Ela é o que me manten vivo,
a esperanza dun máis alá
pois este acá
non é bo.
Alegría de catro horas,
comida insuficiente,
despois vacío outra vez,
oscuridade, soedade...
Carácter distante,
barreira infranqueable,
eu non podo saltala,
xaula transparente pero encerro existencial.
Teño sono,
volta a empezar...
|