Xa non

Rosa Lois

n2rosaloisxanon.html

Xa non volverei a ser a poeta
que tí me pediches que fora.
Xa non. Xa non serei máis.
Xa non volverei a crer en mundos irreais.
¿onde vivo acaso?
Xa non acariñarei as palabras,
nin transformarei os momentos en versos.
Xa non.
Xa non volverei a malgastarei as horas.
Xa non.
Xa non pedirei nada.
Xa non mandarei bicos subliminais.
Xa non descubrirás quen son.
Xa non.-
Agora pedirásme algo máis,
e eu, concedereiche o teu dereito a recibir.
Eu darei.
Ti terás que coller.
Terás que abrazarme.
E xa non quererás marchar.
Xa non.
Xa non terás que pedirme.
Eu saberei darche o que queres.
Agora sí.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega