BVG Voltar atrás |
n4nanacoromotojanaina.html
ben escuro
todo o brillo exacto
dunha beleza viva
tal caída e xeada
entregada fervenza
*reflexo na boca
o pétalo en chamas
feridas pola prata
corta coma arma branca
un coitelo mordido
*desalando atravesa
a froita tolo bico
capilar en pálpebras
de comisuras carmín
o ramo pantasma
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |