nnnnm. Cada vez que o penso... estaría mellor calado... pode que...
ben, aí está... non, non é... un trankimazin... levo dous... hoxe...
ben, esta semana... claro que é martes... ó menos serán de 0´5...
xa... xa me gostaría... veráme dende aquí?... pode... a ver... mellor aquí... oh, si é... qué demos fará
aquí?... a buscála... non, non, non... ahhh, foi sacar cartos... debe ter
bastantes... gustaríame ver o seu extracto... 7.500 euros? 75.000?...
pode ser... veña oh, se ten 28 anos... xa, pero canto leva
traballando... Aí está... agora sí... está fermosa... camiña...
camiño detrás... uii,
que mira... mira ó escaparate... que non te vexa... estaráme vendo?...
non... ben... canto levo así?... seis meses?... sei como se
chama... Arantxa... a miña Arantxa... creo que se decata... non me
coñece... si, sabe quen son... seguro que sorrí ó verme... pero que non
me vexa... leva uns zapatos moi fermosos... díxome a psiquiatra que non
mirase o calzado... que non podo volver ó centro... encántanme os seus
zapatos... voullos quitar... empúxoa... está no chan... que fermosa está
no chan... teño forza para sacarllos... non pode aínda berrar... non me
mire señora... non me berre, señora... o dereito... o esquerdo...
teño que correr... levo os seus zapatos... os zapatos de Arantxa... non vos metades
no medioo... está berrando... está chorando... paro?... non, non,
non... corre... corre... merda... un municipal... esconde os zapatos...
corre máis... unha rúa concurrida... os zapatos de Arantxa...
párome... que cheiro... o cheiro
dos zapatos de Arantxa... o zapato dereito 23, o esquerdo 25... que
consigo este ano... salirá no xornal... "o ladrón de
zapatos"... psicópata?... bromista?... ou tolo sen máis?...
esconderéinos... onde os outros... perdón... |