"Cuando hay algo que se
gana
siempre hay algo que perder"*
(*Yosi de "LOS SUAVES")
Fai tanto tempo que non choro... Nembargantes,
non lembro o meu último sorriso. A verdade é que se as bágoas fosen a
miña debilidade, agora tería bastantes motivos para botar man delas.
Cando se vai unha amiga, a un dóelle o
corazón. Pero cando o fai para non voltar nunca xamáis, a un dóelle a
existencia.
Quizabes a sociedade axude nalgúns momentos,
aínda que a min estame consumindo. Psss... Moitos números apuntados
nunha vella axenda, moitas felicitacións polo Nadal e un senfín de
saúdos polas rúas, pero cando se necesita unha man non cha dá nin
Deus. Iso si, dinche as típicas hipocrisías de sempre (as cales, por
certo, non serven de nada): "¡Joder...!", "lo siento
mucho", "tes que ser forte..., ¿saes hoxe?", etc, etc,
etc.
Por desgracia, o supermercado pecha cedo e o
whiski queda sen mercar. Hai que conformarse (non queda outro remedio)
con dous paquetes de tabaco, a satisfacción de que ela preguntou por ti
no hospital, os segredos que che contou nas cartas e a compaña do rock
and roll.
A cabeza quere estoupar, o sono non te atopa
porque non tes nada que soñar, a melancolía forma unha samblaxe
inseparable coa túa memoria, non hai présa por facer nada e segues
manitando nas pantasmas que vagan pola túa mente... A vida é unha
merda. O mellor sería non nacer, pero se a túa nai non che fixo ese
favor, creo que se debe seguir adiante, incluso con penas, pois "un
sólo día en la vida vale más que un año de buenos recuerdos"*.
Ano novo, problemas novos... Hoxe remata o
1.998. A ver que destino me agarda mañá: o primeiro día... do resto
da miña vida. |