BVG Voltar atrás |
n2pequenaaialma.html
A noite é distinta
e pola fiestra un fío
de sopro está
a reflicir
a dor dun átomo
perdido nun cavorco
de electróns cargados.
Quizais a gadaña
mortuoria
dos teus dedos durmidos
albiscou o meu berro
de tempo roubado.
Afogada,
Ferida,
Inculcada,
Doída.
A ialma
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |